A neve que caeu durante a noite obrigou á Dirección Xeral de Tráfico a prohibir o tránsito de camións e vehículos articulados na estrada LU-633, no Alto do Poio, no concello de Pedrafita do Cebreiro.
Dende algo antes das 7 desta mañá quedaba pechado o paso a vehículos pesados entre os quilómetros 0 e 32 desta vía de titularidade autonómica.