Skip to main content
Folgoso do Courel

As queixas polo transporte escolar do Courel chegan ao Parlamento

Por 31 Xaneiro, 2021Febreiro 2nd, 2021Sin comentarios

As reclamacións sobre o servizo de transporte escolar do Courel chegaron ao Parlamento de Galicia. O PSdeG presentou un proxecto non de lei na comisión de educación da Cámara galega co obxecto de emendar “o desastre que a Xunta está a provocar no Courel por mor dos cambios que suporá a nova licitación dos contratos de transporte escolar”.

A proposición plantexa separar o lote no que están incluídas as rutas do concello de Folgoso do Courel co obxecto de que os taxistas locais poidan concursar, así como o manter as seis rutas actuais e utilizar vehículos pequenos de 7-9 prazas.

Os socialistas acusan ao goberno galego de “forzar” o deseño das rutas para suprimir dúas e incrementar o número de alumnos por cada bus, “o que obriga a contratar vehículos de 10 a 24 prazas, moito máis voluminosos e inadecuados para estradas de montaña con xeadas frecuentes no inverno”, explican.

Desde a Anpa do Courel explican que o BNG votou a favor desta proposta e o PP en contra, aludindo que “a súa obriga non é a de atender interese empresariais particulares”, en referencia aos taxistas locais que actualmente ofrecen o servizo.