A asociación de veciños e veciñas de Vilachá de Salvadur, na Pobra do Brollón, vén de estrear unha nova páxina web para dar a coñecer os recursos turísticos da súa parroquia, como son os asentamentos eremitas medievais ou as bodegas con séculos de historia.
Dende o colectivo veciñal aseguran que a súa intención é tamén “dar pulo a iniciativas socioculturais e turísticas que dinamicen a vida de Vilachá de Salvadur”. A parroquia é unha das incluídas na área BIC da candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade.
A nova web pode visitarse xa en vilachadesalvadur.gal

Adegas de Vilachá