Skip to main content
O Saviñao

O Saviñao reforza o servizo de Protección Civil

Por 24 Xaneiro, 2021Sin comentarios

O Concello do Saviñao vén de reforzar o servizo de Protección Civil cun novo remolque para as emerxencias.

O novo vehículo dispón de electrobomba mergullable, motobomba para augas residuais, xerador de electricidade, motoserra, rozadora, torre de iluminación e un kit de balizamento e sinalización que permitirán ao servizo de Protección Civil “prestar unha mellor atención cidadá”, segundo o alcalde do municipio, Carlos Armesto.

A adquisición do novo remolque foi posible grazas á colaboración da Xunta de Galicia, a través da orde de axudas establecida para municipios de menos de 50.000 habitantes, mancomunidades ou agrupacións de concellos galegos, e cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional(FEDER-Galicia 2014-2020).

O rexedor do Saviñao agradeceu a colaboración do Goberno galego e puxo en valor o labor altruísta dos voluntarios que conforman o servizo. “A suma das axudas da Xunta máis o traballo destas persoas, permítennos dar un mellor servizo aos veciños, ao tempo que melloramos a seguridade e a capacidade de resposta dunha asistencia tan necesaria como é a que ofrece Protección Civil”, explicou Carlos Armesto.

O alcalde e membros de Protección Civil xunto ao novo remolque