Skip to main content
O Saviñao

O Saviñao estrea letras de benvida xigantes

Por 28 Xaneiro, 2021Sin comentarios

Novo letreiro do Saviñao

A entrada ao Saviñao vén de mudar de cara. O Concello colocou un letreiro de benvida co nome do municipio na rotonda do polígono industrial, sumándose deste xeito á tendencia europea.

A partires de agora, cantos se acheguen á localidade poden ver unha nova imaxe, que acada o seu maior esplendor de noite xa que as letras ilumínanse.

O alcalde do Saviñao, Carlos Armesto, explica que a instalación deste letreiro responde “a unha iniciativa propia que promociona o noso municipio, do que nos sentimos tan orgullosos”.

Segundo o rexedor, O Saviñao “dá así un salto cualitativo na potenciación da nosa imaxe de cara a nós mesmos e aos que se acheguen. Somos unha zona en auxe, coa candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade, polo que, dende o goberno local, non queremos quedarnos atrás, senón arrimar o ombreiro dentro das nosas posibilidades para ser un reclamo de cara ao exterior”.