Skip to main content
ActualidadeO Valadouro

O Valadouro publica as ordenanzas de terrazas e limpeza de solares

Por 6 Xaneiro, 2021Febreiro 19th, 2021Sin comentarios

O Valadouro publica as ordenanzas de terrazas e limpeza de solaresO Concello do Valadouro vén de facer públicas dúas ordenanzas  municipais, a reguradora da instalación de terrazas en espazos de uso público e a que rixe as normas de limpeza de terreos e solares en solo urbano, urbanizable e rustico

As dúas normas foron publicadas no BOP o pasado 26 de decembro polo que entrarán en vigor os 15 días da súa publicación. Ambas as dúas poden consultarse na web municipal na súa redacción final.

No que respecta á normativa das terrazas, trátase de establecer un marco normativo que regule o uso especial do dominio público municipal mediante a súa ocupación por particulares e que permita o desenvolvemento da actividade hostaleira da forma mais beneficiosa para os negocios e para o lecer e goce dos cidadáns, baixo a consideración do espazo público como un espazo de convivencia, que é de todos, e no que o uso e goce colectivo estean asegurados.

As terrazas que se atopen instaladas e autorizadas no momento da entrada en vigor da presente ordenanza poderán manterse nas mesmas condicións, se teñen autorización concedida, sempre que axusten a súa ocupación aos criterios técnicos e estéticos da nova normativa.

No caso de non estar adaptados outorgase quince meses de prórroga dende a publicación para adaptarse a ordenanza

LIMPEZA DE SOLARES

Esta segunda ordenanza ten natureza de ordenanza de policía urbana e rural e de prevención de incendios, non ligada a unhas directrices de planeamento concreto, por estar referida a aspectos de salubridade e seguridade.

O seu obxecto é a protección de salubridade pública, evitando situacións que supoñan risco para a saúde ou a integridade dos cidadáns.

Especifica que os solos deberán ser convenientemente rozados, limpados e xestionada a biomasa vexetal existente nos mesmos, conforme ao disposto no punto anterior, antes do día 1 de xuño de cada ano, debendo de mantelas rozadas ao longo de todo o período estival. Chegada esta data, o Concello poderá verificar o cumprimento da devandita obriga, procedendo a impoñer, en caso de incumprimento, as sancións oportunas de conformidade co establecido no réxime sancionador da presente ordenanza.

Establécense diferentes infaccións que levarían multas que oscilarían entre os 100 e os 3.000 euros.