Skip to main content
ActualidadeBurela

O primeiro premio da Lotería do Neno caeu nas Pontes e Burela e o terceiro en Guitiriz

Por 6 Xaneiro, 2021Sin comentarios

Burela e Guitiriz foron os dous municipios da provincia de Lugo agraciadso no Sorteo do Neno, que se celebrou hoxe. Na localidade mariñá caeu o primeiro premio mentres que para Guitiriz foi parte do terceiro. Ademais, a veciña As Pontes foi tamén un dos núcleos agraciados co primeiro premio, que correspondeu ao 19.570. Está dotado con dous millóns de euros por serie, por tanto 200.000 euros ao décimo.

Ademais de en Burela e As Pontes hai en Galicia agraciados das localidades de Mondariz, O Porriño e Tomiño, estes tres últimos en Pontevedra

O segundo premio, dotado con 750.000 euros por serie, foi para o número 03436. Entre os puntos que venderon este número atópanse o situado no número 110 da rúa Estrada de Bueu de Cangas (Pontevedra).

O terceiro foi moi repartido en Galicia con afortunados en Guitiriz, na provincia de Lugo así como Boiro e Carballo, na Coruña, e Leiro e Muíños, en Ourense. Foi para o número 5.587, que está dotado con 250.000 euros por serie, por tanto 25.000 euros ao décimo.