Skip to main content
ActualidadeAMARIÑAXACervo

A Asociación de Axuda ó Enfermo Mental A Mariña recibe unha achega para un programa

Por 7 Xaneiro, 2021Febreiro 19th, 2021Sin comentarios

A Asociación de Axuda ó Enfermo Mental A Mariña recibe unha achega para un programaA Asociación de Axuda ó Enfermo Mental A Mariña acaba de recibir unha subvención para desenvolver o Programa Velando pola miña saúde integral II. Este programa está a ser cofinanciado, a través da Consellería de Emprego e Igualdade, pola  Secretaría Xeral da Igualdade  a través da subvención destinada á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social dirixidos á promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e loita contra a violencia de xénero, con cargo á asignación tributaria do 0,7% do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas, para o ano 2020.

Asociación de Axuda ó Enfermo Mental A MariñaO obxectivo polo que se está a traballar é prestar apoio ás usuarias da Unidade Residencial e da Vivenda Tutelada para Mulleres Vítimas de Violencia de Xénero con Enfermidade Mental na atención integral da súa saúde, continuando así un ano máis cun programa que é fundamental para elas e que contribúe significativamente na mellora da  súa calidade de vida.