Skip to main content
ActualidadeBurela

Superheroe estará este sábado en Burela

Por 8 Xaneiro, 2021Sin comentarios

O sábado 9 de xaneiro de 2021 o Auditorio Municipal de Burela acollerá ás 18:30 horas o espectáculo Superhéroe, da man de Fran Rei.

En ausencia de Supernai por motivos laborais o noso Superheroe deberá salvar a humanidade de terribles ameazas sen esquecer a conciliación. Deberá loitar contra perigosos axentes malignos mentres prepara as merendas, pon unha lavadora ou cambia un cueiro. E todo no axustado tempo que lle deixa a apretada axenda de actividades extraescolares dos seus fillos. A entrada será de balde.