Skip to main content
ActualidadeBurelaDeportes AMARIÑAXA

O Burela FS feminino pasa a cuartos da Copa da Raíña

Por 8 Xaneiro, 2021Sin comentarios

O Burela FS feminino pasa a cuartos da Copa da RaíñaO Burela FS feminino salvou onte o primeiro obstáculo da III Copa de S. M A Raíña, en oitavos, impoñéndose 2-5 sobre o Ence Marín Futsal, de Segunda.

O Pescados Rubén tivo que remar contra o marcador cunha diana en propia porta de Camila, en tentativa de despexe, no minuto 7. Con moito perigo nos seguintes compases, Cilene recuperou táboas no 16, tras disparo de saque directo, e Cristina puxo por diante as Guerreiras tras o descanso. Marín volveu cobrar impulso co empate rozando o ecuador da segunda parte, nun un contra un de Café. Con todo, as mariñás reaccionaron sen contemplacións con dobre acerto de Camila en tan só un minuto para distanciarse 2-4. A nedense Ale de Paz anotou o quinto para ratificar a solvencia das campioas, que xa terán un novo reto en defensa do trono o sábado, coa Supercopa de España en Burela ante o Poio Pescamar FSF (12.00 horas, Teledeporte).

Ficha técnica

Ence Marín Futsal: Antía, Mar, Kun, Kiko, Café, cinco inicial; tamén xogaron Suki, Pau, María León, Inés

Pescados Rubén Burela FS: Sandra, Cilene, Cristina, Ale de Paz, M. Cortés, cinco inicial; tamén xogaron Peque, Dany, Lara Balseiro, Camila, Bea Mateos, Elena Aragón, Jane, Jozi

Goles: 1-0, minuto 7, Camila ( p. p.), 1-1, minuto 16, Cilene; 2-1, minuto 26, Cristina; 2-2, minuto 29, Café; 2-3, minuto 30, Camila; 2-4, minuto 30, Camila; 2-5, minuto 34, Ale de Paz

Árbitros: Daniel Dacal // Andrés Pinilla (Vigo). Por Marín amarela Suki. Por Burela amarela a Cristina, Dany.