Skip to main content
ActualidadeBurela

A biblioteca de Burela entregou os seus premios

Por 8 Xaneiro, 2021Sin comentarios

A Biblioteca Púbica Municipal de Burela vén de fallar o Certame de Postais de Nadal, cuxos premios serán entregados en vindeiras datas na Sala de Arte da Casa da Cultura. A exposición de todas as postais presentadas ao certame pode visitarse en horario, de luns a venres, de 11 a 13 horas e de 18 a 20 horas, ata o vindeiro 15 de xaneiro.

Os gañadores, desta edición do Certame, repartíronse en catro categoría. Entre os máis pequenos gañou Pedro Cociña Lestao, de 5 anos.  O segundo foi para José M.ª García Fra, tamén de 5 anos, e o terceiro para  Adriana García Kozlik, de só 3 anos.

No grupo do primeiro ciclo de primaria gañou Diego Calvo Fernández, seguido de Sergio Cordido Souto e Carlota Eimil Ramos, todos de 7 anos de idade.

Na categoría de 3º e 4º de Primeira a vitoria foi para Natalia Basanta Díaz, de nove anos. Por detrás quedaron Sara Álvarez Fernández, de 8, e Iago Rodríguez Álvarez, tamén de 9 anos.

No último grupo venceu Ainara Álvarez Carral, de 10 anos. Tamén levaron premio Amaia Flores Mori e Noa Burgos Pernas, ambas as dúas de 11 anos de idade.