Skip to main content
ActualidadeAMARIÑAXA

O comité cita a Alcoa o luns para iniciar un novo proceso de negociación

Por 9 Xaneiro, 2021Xaneiro 27th, 2021Sin comentarios

As tensións para unha negociación volven de novo entre o comité de empresa de Alcoa e a dirección da empresa. Tras finalizar a reunión do xoves sen acordo entre ambas as dúas partes para finalizar a folga, os traballadores convocaron á dirección da empresa a unha reunión o vindeiro luns co fin o fin de abordar as condicións para o inicio do proceso de negociación da venda da planta de Aluminio á Sociedade Estatal de Participacións Industriais (Sepi).

Segundo indicaron os representantes dos traballadores aínda esperan confirmación da multinacional para a súa celebración.

O fracaso da primeira reunión entre traballadores e empresa foi debido a que a empresa esixe o fin da folga indefinida para sentar a negociar mentres os traballadores esixen que a Sepi entre na negociación e que Alcoa garanta máis persoal e o rebrascaxe das cubas para manter as instalacións en bo estado.