Skip to main content
ActualidadeAMARIÑAXA

Os traballadores e a dirección de Alcoa retoman esta mañá as negociacións

Por 12 Xaneiro, 2021Xaneiro 27th, 2021Sin comentarios

O comité de traballadores e a dirección de Alcoa San Cibrao retoman esta mañá as negociacións, despois de que a xuntanza do pasado xoves rematase sen acordo en canto á necesidade que plantexa a empresa de que os traballadores suspendan a folga para abordar novamente a posible venda da fábrica á sociedade estatal de partipacións industriais (SEPI).

O presidente do comité, José Antonio Zan, asegura que este luns fixo unha “última proposta” para tratar de “desbloquear” a situación, segundo a cal aceptarían suspender a folga que dura xa tres meses se a dirección se senta a negociar e se compromete “por escrito” a non parar “ningunha das series” e ao mantemento do persoal e da produción nas instalación da Mariña.

A semana pasada, a compañía lamentou “non ter acadado un acordo, debido ás esixencias adicionais plantexadas pola representación dos traballadores”. Se ben, nesta ocasión accedeu a seguir coas negociacións, previas á volta á mesa para falar sobre unha eventual venda da factoría.

Tanto o Goberno central como a Xunta son partidarios dunha venda a través da SEPI para que a fábrica acabe en mans doutro operador privado que manteña os postos de traballo. Liberty House, do grupo GFC Alliance, amosou o ano pasado o seu interese