Skip to main content
ActualidadeFozMar AMARIÑAXA

Aparecen carabelas portuguesas en varios areais de Foz

Por 12 Xaneiro, 2021Sin comentarios

Aparecen carabelas portuguesas en varios areais de FozOs areais de Foz están a rexistrar nos últimos días a aparición de carabelas portuguesas, unhas medusas que poden resultar moi perigosas ao contacto. Os primeiros exemplares detectáronse o pasado venres no areal das Polas e onte xa se viron tamén no de Llas. Polo de agora non se ten constancia da súa presenza en ningún outro punto da costa da Mariña, se ben non se descarta. Trátase dunha especie altamente tóxica polo veleno que acumulan nos seus tentáculos e que desprenden mesmo de mortas, polo que se pide aos veciños precaución para non entrar en contacto con elas e procurar manter tamén alonxadas as mascotas.

A presenza de exemplares de carabela portuguesa non é habitual nas praias da Mariña ao ser unha especie propia de aguas cálidas. O máis probable é que a súa aparición esté vinculada ás borrascas que arrastran aire cálido hacia a costa e que xa fixeron que en días pasados se detectase a súa presenza en praias da Coruña, que chegaron a ter que ser pechadas. No caso de Foz ese extremo non é polo de agora preciso ao terse detectado poucos exemplares.