Skip to main content
ActualidadeBarreiros

Barreiros xa ten gañadores dos certames de Nadal

Por 12 Xaneiro, 2021Sin comentarios

Os certames de Nadal de poesía e debuxo do Concello de Barreiros xa teñen gañadores, que pasan agora á fase provincial.

No apartado de poesía resultaron vencedores os traballos de Mateo Villapol Bello, Paula Méndez Bajatierra, Elisa Veiguela Dorado, Lara Gayo Piñeiroa, Adriana López Piñeiro e Valeria Díaz Eiroa, mentras que no de debuxo gañaron Xana Díez Goas, Julia Villapol Bello e David Díaz Fernández.

O Concello de Barreiros felicita aos nenos e nenas gañadores, que recibirán o seus premios en datas próximas.