Skip to main content
ActualidadeRibadeo

Convocado en Ribadeo un novo concurso de cartas de amor

Por 12 Xaneiro, 2021Sin comentarios

Galería Terra Branca, de Ribadeo, convoca a sétima edición do seu concurso de Cartas de Amor. O prazo de entrega finaliza o 14 de febreiro.

As obras presentadas deben ser orixinais, en prosa ou poesía, e escritas en galego ou castelán, cunha extensión máxima dun folio por unha cara. Os participantes poden enviar as súas cartas por correo postal ou electrónico, con todos os seus datos persoais, ou entregalas directamente en Terra Branca, Avenida de Galicia, 8 – 27.700 Ribadeo. A dirección de correo electrónico é galeriaterrabranca@gmail.com e os números de teléfono son 982 128 171 ou 698 452 124.

O premio consta dunha magnífica figura de cerámica galega, relacionada co tema do amor e os sentimentos, e un vídeo clip personalizado da carta gañadora, realizado por Terra Branca Audiovisuais especialmente para esta ocasión.

O xerente de Terra Branca, José Ramón Leal, declarou que “como cada ano, convídase a participar a calquera autor que queira expresar os seus sentimentos a través dun escrito, no que fale do seu amor á súa parella, á súa familia, ás súas paixóns, á vida ou á súa terra”.

Leal lembrou que “pasaron por leste concurso centos de cartas e xa hai seis galardoados que forman parte da historia de Terra Branca. Os gañadores das anteriores edicións deste concurso foron: Carmen Santamarina, de Barreiros; Francisco González, de Oviedo; Laura Sánchez, de Xixón; Alba Sánchez, de Santiago; Nuria Blanco, de Madrid; e Pilar Bellón, do Corgo”.

O propietario de Terra Branca comento que “o xurado estará formado por Mini López-Santos Santiago e eu mesmo, e contaremos outro ano máis co inestimable asesoramento profesional do poeta Paco Rivas. A carta gañadora será lida en Radio Foz, Radio Voz e publicada nas redes sociais máis importantes”.