Skip to main content
ActualidadeFoz

Arrincan as obras do acceso á residencia de maiores de Foz

Por 13 Xaneiro, 2021Sin comentarios

Arrancan as obras para mellorar o acceso á residencia de maiores de FozO Concello de Foz vén de iniciar as obras para a construción dunha nova rampla de acceso á residencia de maiores da localidade.

Os traballos, que se prolongarán durante varios meses, permitirán non só mellorar a accesibilidade para os usuarios do xeriátrico senón que tamén suporá un acceso en mellores condicións para os veciños que viven nas edificacións da zona. Ademais da construción da propia rampla, levantarase tamén un muro de formigón armado para estabilizar os accesos á residencia.

Mentras duren as obras, o acceso dende a rúa do Asilo permanecerá cortado, agás para os residentes. O Concello de Foz pide disculpas á veciñanza polas molestias que esta situación lles poida ocasionar.