Skip to main content
ActualidadeTrabada

Trabada abre un novo prazo para repartir composteiros

Por 15 Xaneiro, 2021Febreiro 19th, 2021Sin comentarios

Trabada abre un novo prazo para repartir composteirosCoa finalidade de continuar coa implantación da compostaxe doméstica para conseguir unha diminución  dos biorresiduos xerados no fogar, o Concello de Trabada fará un novo reparto de composteiros solicitados a Sogama.

Poderán solicitalo as veciñas e veciños que posúan unha vivenda unifamiliar ubicada no concello de Trabada pero fóra do casco urbano, xa que no casco urbano se está implantando o quinto contedor.

O prazo de solicitude dos mesmos será ata o 25 de xaneiro do 2021 segundo orde de entrada no Rexistro Municipal.

A solicitude estará a súa disposición nas oficinas municipais do Concello e na sede electrónica. Para calquera dúbida, os interesados poden chamar ao teléfono 982138438 ou enviar un correo a través do enderezo medioambiente.trabada@gmail.com.