Skip to main content
ActualidadeAMARIÑAXA

O comité de Alcoa presenta a súa lista de esixencias para suspender a folga

Por 15 Xaneiro, 2021Xaneiro 27th, 2021Sin comentarios

O comité de empresa presentou este venres, e tras varias consultas legas, á dirección de Alcoa unha proposta de acordo para desconvocar a folga indefinida no complexo industrial de San Cibrao e iniciar o proceso de negociación para a venda das plantas, a de alúmina e a de aluminio, á Sepi.

A proposta coa esixencia de que Alcoa inicie un proceso de negociación para a venda da planta de aluminio de San Cibrao e da refinería de alúmina á Sociedade Estatal de Participacións Industriais enviando unha proposta formal antes do 27 de xaneiro. Malia esta esixencia, os traballadores expoñen que a decisión final da venda será de Alcoa.

Para evitar o que pasou coa venda frustrada a Liberty House esixen tamén o compromiso de “ser flexible e a negociar de boa fe”, na  procura “dunha continuidade da planta de aluminio e da refinería de alúmina de San Cibrao”.

Tamén reclaman que no proceso de venda se informe do proceso á representación dos traballadores, á Xunta de Galicia, ao Ministerio de Industria e á Avogacía do Estado, nunha mesa multilateral que queren que se celebre como máximo cada quince días, aínda que na primeira sería dun mes.

Na proposta do comité inclúense máis condicionantes como que pararán unicamente as cubas que impliquen un risco potencial para a seguridade das persoas ou a instalación e, que se procederá tamén ao rebrascase, reparación ou no seu caso substitución das cubas que se paren por calquera motivo.

Tamén queren o compromiso de continuar con normalidade a produción de aluminio e de alúmina e de tomar accións que podan derivar que a pranta sexa “pouco competitiva e atractiva para a venda”.

Inclúen que non se tomen medidas colectivos vinculadas ao emprego como os ERE e o  compromiso por parte de Alcoa “para contar con recursos adicionais, segundo as necesidades, para a produción e o mantemento do complexo de San Cibrao, ata alcanzar os efectivos teóricos cos que contaban estas instalacións a data 1 de xaneiro de 2020”.

A compañía tamén debe comprometerse á incorporación dos traballadores temporais, en función do acordo subscrito en febreiro de 2019, no prazo máximo dun mes e con recoñecemento retroactivo de salario e antigüidade.

A cambio, desde a firma do acordo, se a empresa acepta esas condicións, quedaría suspendida a folga indefinida convocada polo comité, que comezou o pasado 4 de outubro.

En caso de non haber acordo, o comité propón solicitar un arbitraxe por parte do Aga.