Skip to main content
Ribadeo

O mirador da Atalaia e o segredo da súa pedra

Por 23 Xaneiro, 2021Decembro 18th, 2023Sin comentarios

A Capela da Trindade é unha das construcións máis antigas de Ribadeo e arredod da súa fachada cóntase unha lenda do século XVIII

Por Emilio Piñeiroa

A Atalaia está situada nun promontorio sobre Porcillán e a Ría de Ribadeo. Este templo axudou durante séculos aos barcos a enfilar o rumbo, sendo ademais un bastión fundamental para a defensa do porto e da vila. Os canóns, datados do século XVI, mostran a posición estratéxica na que se atopaba o lugar naqueles tempos.

A Capela, chamada da Santísima Trindade, é una das construcións máis antigas de Ribadeo. A fachada conserva a portada de estilo gótico (S.XIV) cun arco oxival con ornamentación xeométrica de granito. No centro do hastial do frontispicio, atópase unha pedra cadrada de cantería. Desta pedra fixo referencia o historiador Francisco Campos Dorado,  no seu libro Escudos de Armas do Concello de Ribadeo. Na súa obra, deixa se entrever que ao redor de dita pedra de cantería se desenrola unha historia singular.

Ao parecer, segundo a obra de Campos, a Confraría da Igrexa da Trindade queixouse ao bispo de Mondoñedo en 1722 ao darse de conta de que o Concello mandara colocar sobre a porta principal o escudo de Armas de Ribadeo. Un privilexio, que dende o punto de vista da Confraría, non lles correspondía.

O tribunal eclesiástico fallou o preito en 1723, ordenando que se recoñecesen como patróns aos mordomos e aos confrades. Tras a sentenza, os escudos debían ser arrincados da fachada,  sen embargo, o que pasou despois, trae consigo unha posible lenda.

Cóntase que o xuíz ao que se lle encomendara executar a sentenza non quería contradicir ao bispo, pero tampouco darlle a razón en contra do Concello de Ribadeo. Ante isto, este xuíz tomou unha decisión salomónica: Nin a razón para o bispo nin para o concello. O que mandou foi darlle a volta á pedra armeira, meter o brasón cara a dentro da parede, e deixar a pedra do escudo no sitio. Así sacáballe a razón ao concello, por non aparecer as Armas na parede da capela, e por outro lado, tampouco lle daba a razón ao bispo, porque a pedra non se arrincaba da parede como ordenara.

Con isto explicaríase que a día de hoxe se vexa unha pedra cadrada de cantería sobre a porta da fachada, que aparentemente non significa nada, pero que ten todo un conto sen resolver xusto tras ela.

Deixando as fábulas a un lado, cabe sinalar as estructuras que se atopan no interior da capela. Nela gárdanse tres retablos barrocos, un Cristo e a pila de auga bendita.

Dise que o retablo maior foi traído da Colexiata de Santa María, hoxe desaparecida. Este retablo conta con dúas columnas salomónicas e está dividido en dous corpos: No centro represéntase a Virxe do Carme , patroa dos mariñeiros, a S. Elías e a Sta. Tereixa, mentres que no ático encóntrase A Trinidade. Á esquerda do retablo pódese ver a Inmaculada e á dereita Sta. Apolonia.

No baptisterio atópase o Cristo dos Navegantes (datado do século XVIII), que foi traído do antigo cemiterio vello.

Os retablos laterais representan á Virxe dos Remedios, á esquerda, e a San Xosé co neno, á dereita.