Skip to main content
ActualidadeRibadeo

O Concello de Ribadeo apraza a programación cultural de xaneiro e febreiro

Por 18 Xaneiro, 2021Sin comentarios

A Delegación de Cultura do Concello de Ribadeo anuncia que pospón a súa programación de xaneiro e febreiro “por mor da situación de pandemia, á espera de volver a partir do mes de marzo”.

Esta fin de semana estaba  previsto que actuase na vila ribadense a cantante cubana Jamila Purofilin e que o día 31 de xaneiro a compañía teatral Chévere representase Curva España. A maiores había programados os espectáculos de Raquel Queizás e Fátima Fernández, para nenas e nenos,  que tamén terán que esperar.