Skip to main content
ActualidadeAMARIÑAXA

Burela, Cervo e O Vicedo pasan ao máximo nivel de restricións

Por 19 Xaneiro, 2021Xaneiro 27th, 2021Sin comentarios

O Comité clínico  que fai seguimento da evolución da covid-19 en Galicia acordou elevar ao  nivel máximo as restricións aos concellos de Burela, Cervo e O Vicedo na Mariña lucense e debido ao crecemento que está a experimentar a covid. Esta medida, que se toma tamén noutros 53 concellos galegos, súmanase así á situación na que se atopan na provincia Vilalba, Viveiro y Xove.

As medidas máis restrictivas afectan sobre todo á hostalaría, sector que só poderá funcionar con terrazas e cun aforo do 50%. Tamén teñen peche perimetral polo que non poden saír dos seus concellos agás por cuestións educativas, sanitarias o laborais.

OUTROS CONCELLOS

O comité tamén subiu as restricións ao máximo nivel en Vigo e Pontevedra deixando a Lugo como a única gran urbe da comunidade fóra do máximo nivel de alerta aínda que mantén o peche perimetral.

Así mesmo, o Comité clínico decidiu tamén subir ao nivel máis alto de restricións  outros 12  concellos na Coruña; 5 na de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras; 5 na de Pontevedra e O Salnés; 10 na de Vigo; 10 na de Santiago de Compostela e Barbanza e 9 na de Ferrol.

Estes concellos son, na área coruñesa, Betanzos, A Laracha, Sada, Abegondo, Cabana de Bergantiños, Corcubión, Coristanco, Dumbría, Muxía, Oza-Cesuras, Sobrado e Vilasantar. Na área ourensá, Celanova, Porqueira, Ribadavia, Trasmiras e Vilar de Santos. No referido á área de Pontevedra os concellos que soben ao nivel máis alto de restricións son A Lama, Catoira, Forcarei, Meis e Moraña.

En canto a área sanitaria de Vigo, márcanse máximas limitacións tamén nos concellos de Gondomar, Mos, Nigrán, O Porriño, Arbo, A Cañiza, As Neves, Crecente, Mondariz e Salceda de Caselas. Na área sanitaria compostelá colócanse no nivel máis alto de restricións  Ordes, Teo, A Baña, Negreira, Padrón, Rois, Dodro, Touro, Arzúa e Silleda, mentres que na área de Ferrol, engádense ao grupo Cariño, Cedeira, Cerdido, Mañón, Moeche, Mugardos, Neda, San Sadurniño e Valdoviño.

Tras sumar estes 56 concellos, Galicia pasará a ter 116 municipios no nivel máximo de restricións, o que supón un 72% do total da súa poboación.