Skip to main content
ActualidadeAMARIÑAXA

Seis defuncións na provincia marcan a crónica da evolución da covid

Por 20 Xaneiro, 2021Xaneiro 27th, 2021Sin comentarios

A covid-19 non para de aumentar e segue sumando casos de forma ininterrompida e con máis virulencia. Este mércores son 1.273 os casos activos, 63 máis que nas últimas 24 horas (onte foron 64). Rexistráronse neste tempo 104 contaxios novos (onte foron 86), a cifra máis elevada desta terceira vaga. Mentres, as altas chegaron ás 7.138, 48 máis que o martes (o día anterior foron 36). Así, a evolución da covid acelera tras varios días en aumento constante, xa que ata o de agora os novos casos rondaban os 80 diarios.

Dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 8.576 casos rexistrados e 157 persoas falecidas, nas que non se integran os casos de residentes de centros de maiores que faleceron noutras provincias tras ser trasladados. Na última xornada producíronse na área sanitaria de Lugo seis falecementos, dúas mulleres de 95 anos procedentes da residencia da Pastoriza, outras dúas de 90 e 85 anos do centro de maiores de Xove, unha de 78 do asilo de Ribadeo e outra muller de 84 no hospital de Monforte.

A presión hospitalaria mantense estable pero aumenta a presión en UCI, que chega a ter 8 pacientes, un máis. Baixa en dúas persoas. Hai 16 no Hula (unha menos), 19 na Mariña (dúas máis) e 2 en Monforte (tres menos).

COMARCA

Viveiro entrará esta noite en máxima situación de alerta a xornada na que mellora as súas cifras e para o crecemento por segundo día consecutivo. Así, baixa aos 266, un menos que onte.

Xunto a Viveiro, Xove tamén baixa o número de casos a 92, 15 menos que onte, mentres O Vicedo mantén a estabilidade en 21 casos, moitos para o seu volume de poboación. Cervo pola contra suma tres novos e queda en 24 e Burela resta un novo caso e xa son 47. Tamén lles toca subir lentamente de novo a Ribadeo cun positivo máis e 21 no cómputo a quince días, o mesmo que Foz, que ten 12. A atención queda posta tamén en Ourol, que se mantén dende onte nos dez contaxios novos.

O resto de concellos mariñaos teñen baixa a incidencia e Lourenzá e Trabada son os únicos sen contaxios de covid na última quincena.

Na Terra Chá Vilalba segue co seu goteo constante de casos novos mentres A Pastoriza parece ter controlado o gromo con descenso de casos novos. No sur, Monforte e Sarria seguen subindo descontrolados agora mesmo con 68 e 52 contaxios, respectivamente, produto de dúas celebracións. Xunto a estes están afectados tamén Quiroga con 26, Bóveda e Láncara con 11. Chantada mantense en 28. No centro, Lugo suma 22 casos ata os 186 casos e destacan os 23 de Palas de Rei, oito máis que onte.