Skip to main content
ActualidadeTrabada

A Deputación subvencionará a construción da traída de auga en Carreira Chá, Trabada

Por 22 Xaneiro, 2021Febreiro 19th, 2021Sin comentarios

A Deputación de Lugo financia o arranxo e a construción da rede de abastecemento de auga potable no lugar de Carreira Chá, no concello de Trabada. Unha actuación en colaboración coa Asociación de Veciños deste lugar pertencente á parroquia trabadense de Vilaformán, que conta cunha achega da institución provincial de 15.000 euros.

O Presidente da Deputación, José Tomé Roca, sinala que este investimento responde “ao compromiso da institución para cooperar cos 67 concellos da provincia e o seu tecido asociativo, e que, deste xeito, poidan prestar servizos públicos de calidade e eficientes aos seus veciños e veciñas e favorecer o seu benestar ao mesmo tempo que se contribúe a fixar poboación no rural”.

Tomé Roca tamén recalcou que con estas colaboracións “demóstrase que a Deputación de Lugo é unha administración clave para o bo funcionamento dos concellos, principalmente nos máis pequenos, que son unha maioría na provincia de Lugo, e para a prestación de servizos básicos á veciñanza”.

Os traballos, dos que se beneficiarán seis vivendas desta parroquia trabadense,  consistirán na reposición de ramais, instalación de flotadores nos depósitos, trazado de ramais de abastecemento dende os depósitos das vivendas ou a instalación de chaves de paso en cada depósito, entre outros.

Asociación de Veciños de Carreira Chá

A Asociación de Veciños de Carreira Chá promove as relacións comunitarias entre os veciños e veciñas deste lugar, na parroquia trabadense de Vilaformán, e iniciativas co fin de mellorar as infraestruturas públicas da súa contorna. Ten como finalidade realizar actividades de confraternidade entre os veciños da parroquia.