Skip to main content
ActualidadeXove

A piscina de Xove endurece as normas de uso ante a covid

Por 23 Xaneiro, 2021Febreiro 19th, 2021Sin comentarios

A piscina de Xove realizará unha serie de cambios para seguir a nova normativa publicada polo Sergas con motivo do aumento da presenza da covid en toda Galicia.

Un dos primeiros cambios será que queda prohibido o uso da ducha e unicamente o vestiario se utilizará para mudarse. Ademais, dada vestiario utilizarase só por unha única persoa, agás se son conviventes.

A Piscina Municipal de Xove contará con 6 vestiarios para poder ser utilizados polos usuarios.

Ademais, seguirán un rigoroso protocolo de admisión con cita previa, control de temperatura é entrada con desinfección total, uso de máscara e distanciamento social.

Ademais, o centro realizará unha limpeza e desinfección despois de cada turno, tanto en vestiarios como en todo o material.