Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAZonas LUGOXA

A incidencia da covid dispárase novamente en toda a provincia

Por 27 Xaneiro, 2021Sin comentarios

A situación na provincia disparouse novamente na xornada de hoxe con 156 casos activos máis que fan un total de  1.954 (na xornada anterior foron 67). Rómpese deste xeito coa tendencia á estabilización das últimas xornadas.

Rexistráronse neste tempo 184 contaxios novos (onte foron 91), o máis alto que acaba tamén coa tendencia á estabilización das xornadas anteriores. Pola contra, as altas chegaron ás 7.556, 55 máis que o martes (o día anterior foron 47).

Dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 9.680 casos rexistrados e 162 persoas falecidas contabilizadas na provincia aínda que hai máis que morreron noutras áreas tras seren trasladados.

Continúa a preocupar a presión hospitalaria, que aumenta un día máis pero esta vez pouco. A UCI do Hula mantense en 15 ingresados, mentres nas plantas suman un caso novo ata os 58 de hoxe. Hai 29 no hospital de Lugo, 17 na Mariña (2 menos) e 11 en Monforte (3 máis).

Nun percorrido pola provincia, a incidencia do virus máis elevada está en Viveiro, Xove e Burela na Mariña; Vilalba na Terra Chá; Lugo, Monforte e Sarria.

POR COMARCAS

A Mariña

A situación na Mariña está en clara melloría nos concellos máis afectados co descenso de casos.

  • Malia mellorar nas últimas xornadas, Viveiro suma hoxe un caso e son 214 casos.
  • Xove contninúa en retroceso 75, dous menos.
  • Burela tamén baixa dende onte seis casos e queda en 45.
  • No Vicedo rebaixan a incidencia levemente ata os 34 de hoxe.
  • Cervo mantense en 22.
  • Ribadeo tamén suma un caso e queda en 25.
  • Foz baixa 2 e certifica 10.
  • Riotorto mantense en 14 con vixilancia.
  • Só Alfoz non ten casos novos nos últimos quince días.

Terra Chá

Vilalba continúa imparable no seu crecemento de casos mentres A Pastoriza segue na senda da recuperación. Tamén os concellos dos arredores manteñen unha incidencia menor pero preocupante.

  • Vilalba suma hoxe seis casos novos ata os 121.
  • A Pastoriza baixa ata 22, con 7 casos menos.
  • Outeiro de Rei suman un máis e certifca 16 infectados dende onte.
  • Begonte suma catro casos novos e ponse en 17.
  • Castro de Rei mantense en 11.
  • Friol sobe de novo e volve a 12 casos.
  • No veciño Concello das Pontes acelérase o goteo de casos novos e xa son 46, un máis que onte.

Centro da provincia

O municipio de Lugo é o máis castigado pola pandemia e volve experimentar un salto no crecemento constante de casos.

  • Lugo conta con 354 casos, 37 casos máis que onte, onte sumou 19.
  • Palas de Rei segue a tendencia ao crecemento con seis casos novos e un total de 54.
  • Tamén en Monterroso soben un caso máis e xa son 11.
  • E no Corgo soben 1 e chegan a 12.

Comarca de Sarria

A vila de Sarria segue en crecemento de casos afectando a algúns dos concellos da contorna.

  • Sarria conta con 152 casos activos, 6 casos máis que onte.
  • O mesmo gromo de Sarria repercutiu en Láncara, que ten 20 casos.
  • Entra tamén na zona de perigo Paradela, con 14 casos.
  • Tamén volveu a atención ao Incio, onde hai 11 casos, un máis que onte.

Ribeira Sacra

Monforte centralizada o volumen na comarca, tamén con repercusións nos municipios do arredor.

  • A vila de Monforte contabiliza hoxe 191 casos, 13 casos máis que onte.
  • Preocupa a situación en Quiroga, onde hai 95 casos e continúan acelerando o contaxio, trece máis que onte.
  • Chantada ten 43, cinco máis que onte.
  • O Saviñao é outro dos afectados con 28 casos, un máis.
  • Pantón sobe 2 casos ata 23.
  • Ribas de Sil debuta con 15 casos.
  • Bóveda e Sober mantéñense en 12.