Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAZonas LUGOXA

Remata o pagamento das axudas da PAC correspondentes a 2019

Por 31 Xaneiro, 2021Sin comentarios

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou a resolución da Consellería do Medio Rural pola que se notifican os pagamentos directos á agricultura e gandaría regulados na convocatoria de 2019 das axudas da PAC. Así, un total de 26.000 agricultores e gandeiros galegos recibiron un montante global de 170 millóns de euros por este concepto.

Estas achegas, que xestiona o Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga), son de gran interese para o sector primario, xa que contribúen a reducir as diferenzas entre a renda agraria e a urbana. Deste xeito, perseguen compensar aos agricultores e gandeiros pola súa prestación de servizos esenciais, co obxectivo de que poidan competir con outros países ao tempo que atenden ás esixencias específicas dos consumidores e consumidoras europeos.

Así, na web do Fogga poden consultarse xa as listaxes de concesión e denegación das diversas liñas de axuda, cos datos dos beneficiarios e as achegas concedidas e, no caso de desestimación, coa exposición dos motivos para a ausencia de subvención. Toda a información está dispoñible no enlace https://fogga.xunta.gal/gl/pac/consultas_pac/beneficiario_de_axudas_pac.

A maiores, cómpre sinalar que os interesados poderán descargar a aplicación móbil Sga@pp para consultar as resolucións completas das solicitudes. Ademais, mostraranse as resolucións pendentes das solicitudes das liñas de axudas correspondentes ás campañas de 2015, 2016, 2017 e 2018, unha vez levada a cabo a actualización de dereitos e resolución de reclamacións e establecendo as cantidades finais ás que tiñan dereito as persoas solicitantes, así como as resolucións de compensacións feitas nos pagamentos durante o exercicio orzamentario de 2020.

Estas axudas están financiadas integramente polo Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga).

Enlace á resolución no DOG:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210128/AnuncioG1534-150121-0001_gl.html