Skip to main content
Agro TERRACHÁXAComarca AMARIÑAXAComarca LUGOXAComarca RIBEIRASACRAXAComarca SARRIAXAComarca TERRACHÁXA

As comunidades de montes álzanse contra o novo plan forestal da Xunta

Por 28 Xaneiro, 2021Xaneiro 31st, 2021Sin comentarios

Unha das concentracións

A Organización Galega de Comunidades de Montes solicita ás forzas politicas con representación no parlamento a que enmenden o novo Plan Forestal Galego.

A primeira revisión do plano forestal de Galicia, xa rematou a tramitación de exposición pública e revisión polo consello forestal de Galicia. Esta semana será tomado en consideración na xunta de portavoces e logo pasará á comisión de Agricultura do Parlamento Galego para a posterior aprobación en pleno. Neste proceso que durará un mes os grupos parlamentarios poderán enmendar o Plan Forestal mediante a presentación de achegas.

Segundo a ORGACCMM a Conselleria do Medio Rural está apurando os prazos e en paralelo están redactando o estudo de impacto medioambiental que se acoplará ao docomento da primeira revisión do plano forestal de Galicia sen nengún tipo de debate.

A ORGACCMM sinala que o novo plan está baseado nun inventario forestal atrasado, xa que está feito en base ao Inventario forestal do estado do ano 2008. Recalcan que non e certo que se produza unha redución do eucaliptus, posto que reducese o 2% da superficie de eucaliptus, pero en referencia ao aumento do 50% dende o primeiro plan forestal de Galicia.

Ademais advirten desde a ORGACCMM que o novo plan lonxe de fomentar un monte multifuncional, redúcese a crear catro modelos multifuncionais, un por cada provincia. Tamén denuncian que non se aposta pola produción de madeiras de calidade en base as especies de frondosas e que unha vez máis se deixa en mans das empresas madeireias e forestais a ordenación dos usos do monte.