Skip to main content
Deportes TERRACHÁXAVilalba

Marcos Failde incorpórase ao Vilalba FS

Por 31 Xaneiro, 2021Sin comentarios

Marcos Failde posando coa nova camiseta do Valdesuso

Marcos Failde, porteiro con experiencia en equipos coma Culleredo, GR9 ou o Esteo ven reforzar a xoven portería do Vilalba FS na liga de Terceira División para e axudaralles a Tini e a Chafa a continuar a súa progresión baixo paus.

O porteiro tivo un debut espectacular parando 3 dobres penaltis no segundo tempo. Súmase tamén a todos os cambios producidos no equipo esta tempada.

Respecto á tempada anterior o Valdesuso Peugeot Vilalba FS tivo as baixas de Iago, Asier, Jose López, Pablito Villar, Xosé e Ayalita. Por outra banda, renovaron Juan Rivero, Nuno, Iván Gago, Antón, Aitor, Paulo e Chafa que rematou a etapa de xuvenil, a eles hai que engadir as incorporacións de Coe, Fede, Iago Fariñas, Mario e Isma aínda que non se descarta algunha outra fichaxe. Facendo a pretempada tamén están tres xogadores do equipo xuvenil: Adrián, Hugo e Tini. Outra novidade no corpo técnico é a incorporación de Leo e Miguel para axudar ao adestrador Quini o cal comeza a súa segunda tempada no banco vilalbés.