Skip to main content
AbadínActualidadeSecciones TerraCháXAZonas LUGOXAZonas TERRACHÁXA

Rancaño defende ante o PSOE o servizo de saúde de Abadín

Por 15 Xaneiro, 2021Sin comentarios

O alcalde de Abadín, José María López Rancaño, contestou durante o Pleno de xaneiro aos socialistas na súa demanda da mellora de atención pediátrica no Concello.

Segundo explicou o alcalde no Pleno, o servizo de pediatría no Concello “está mellor que noutros concellos da mesma agrupación. Centralizado en Vilalba, Abadín recibe, tal e como explicou o alcalde, a visita da pediatria unha vez á semana “cando no resto non vai ningún día”. Ademais, indicou que no centro de saúde hai tres médicos e dúas enfermeiras “cando outros centros teñen só dous médicos e unha enfermeira, o que fai que sempre teñamos médico algo que non sucede nos concellos da nosa contorta”, subliñou Rancaño.

O alcalde lembrou no Pleno que “o centro de sáude de Abadín foi pioneiro porque foi o Goberno cenrtral o que fixo, alá no primeiro mandato, de feito foi un dos primeiros centros rurais”.

Sobre a construción dun centro de maiores na vila, o alcalde asegurou estar a favor da idea pero “a xestión, para que funcione, ten que tela un organismo como a Xunta, a Deputación ou mesmo un privado, o Concello non pode economicamente con el”.

Engadiu que “temos un centro de día que funciona moi ben porque é comarcal e ven xente dos concellos da contorna. Agora coa pandemia os usuarios son menos, estamos en 26 sin lista de espera cando antes da covid, estabamos completos, con 40 no centro e lista de espera”.

No Pleno tamén se aprobaron as contas do ano pasado sobre as que os socialistas votaron en contra “xa que non estamos de acordo de como se executan os orzamentos, é dicir os fondos público. Propoñemos que deben ser dirixidos a políticas para fomentar o emprego, fomentar a natalidade e axudas para asentar e fixar poboación no rural”, resumiu o voceiro.

SOCIALISTAS

A Agrupación Socialista de Abadín criticou, pola súa banda, a actitude prepotente, autoritaria, déspota e tirana que executa o Alcalde de Abadín do PP, José María Rancaño, trala celebración da sesión plenaria extraordinaria celebrada  este xoves, a petición do Grupo Socialista.

Pablo Díaz explicou que “forzamos unha convocatoria plenaria para que se debateran asuntos prioritarios para ás veciñas e veciños do Concello de Abadín como son as mellora do servizo de pediatría ou a creación da residencia de maiores na vila, pero unha vez máis, lamentablemente atopámonos coa indiferencia do Alcalde e de todo o seu Goberno. Que cada vez que se presenta un problema miran cara outro lado, a ver si aparece alguén para resolvelo”.

O voceiro Socialista sinalou que “en primeiro lugar defendédemos unha moción para demandar melloras no servizo de pediatría, antes as carencias que sufrimos, xa como denuncian as propias familias as horas de asistencia son insuficientes e o responsable da consulta é un médico de familia. Pero esta proposta foi rexeitada polo Alcalde e o seu Goberno. Polo tanto entendemos que tanto o Alcalde como os seus concelleiros comparten as carencias que existen na actualidade en Abadín”, lamentou.

“O mesmo ocorreu coa moción que presentamos para a creación da residencia de maiores no noso Concello, que non contou co respaldo do PP. Segundo os últimos datos publicados dos preto 2.360 habitantes, máis de 1.000 teñen máis de 65 anos na nosa vila. Por iso consideremos urxente dispoñer dunha nova dotación asistencial que atenda ás demandas do noso Concello, como xa ocorre noutro concellos desta provincia. Pero no Pleno comprobamos unha vez máis que o benestar dos nosos maiores non esta nas prioridades do PP”, dixo Díaz.

Por último, sobre as contas xerais do 2019 “