Skip to main content
ActualidadeCospeitoSecciones TerraCháXAZonas LUGOXAZonas TERRACHÁXA

Comeza o obradoiro de emprego Santa Isabel IV

Por 6 Xaneiro, 2021Sin comentarios

Comeza o obradoiro de emprego Santa Isabel IVO obradoiro dual de Emprego Santa Isabel IV iniciou a súa actividade con alumnado traballador dos concellos integrantes do mesmo, Castro de Rei, Cospeito e Outeiro de Rei. Xunto co resto de persoal do obradoiro déronse cita neste último concello, que este ano é o promotor do obradoiro, e que nun primeiro momento formou en prevención en riscos laborais.

Os obradoiros duais de emprego desenvólvense durante nove meses e céntranse na realización de obras ou prestación de servizos de interese xeral e social e nacen coa finalidade de posibilitar un traballo que, xunto coa formación profesional para o emprego, procure a cualificación profesional dos beneficiarios e favoreza a súa posterior inserción laboral.

Os certificados de profesionalidade variarán en función do Concello. Así, en Outeiro de Rei formarán sobre operacións de gravación e tratamento de datos e documentos, produción fotográfica (deste certificado de profesionalidade soamente se impartirá o módulo MF0928_2 Tratamento de imaxes dixitais). Realización o proxecto de dixitalización e organización do arquivo muncipal.

En Castro de Rei  formarán sobre traballos de carpintería e moble e aplicación de vernices e lacas en elementos de carpintería e moble para a realización do proxecto Construcción de módulos de cubrición de lixo e mobiliario urbano.

No de Cospeito farán 0peracións auxiliares de acabados ríxidos e urbanización para a realización do proxecto de Pavimentación de vías urbanas en Feira do Monte e Muimenta.

Este obradoiro de emprego conta cunha subvención da Consellería de Emprego e Igualdade por importe 346 946 euros e empregará a un total de 26 persoas entre alumnos traballadores (20), monitores (3), administrador (1) e director (1) ademais dun mestre.