Skip to main content
Guitiriz

O Concello de Guitiriz pedirá un informe sobre as obras da Casa da Botica

Por 30 Xaneiro, 2021Xaneiro 31st, 2021Sin comentarios

Este es el pie de foto - Lorem ipsum dolor sit amet, consectetur adipiscing elit. Ut elit tellus, luctus nec ullamcorper mattis, pulvinar dapibus leo.

O Concello de Guitiriz anunciou no pleno ordinario celebrado onte, xoves 28 de xaneiro, que solicitará aos responsables da execución das obras na Casa da Botica, un informe detallado do procedemento levado a cabo desde o comezo dos traballos.

No mesmo sentido, a alcaldesa Marisol Morandeira, remitiu un escrito á Deputación de Lugo solicitando toda información sobre os traballos executados desde o comezo da obra.

En aras da defensa do interese xeral do Concello, a rexedora aclarou que este asunto se tratará con toda a transparencia e co obxectivo para esclarecer os feitos acontecidos desde o inicio da construcción do novo Centro de Atención a maiores. Por iso, a alcaldesa comprometeuse a poñer a disposición de toda a corporación municipal toda esta información en canto a reciba.

Pola súa parte, a Deputación de Lugo que mantén unha relación fluida co Concello, trasladoulle a rexedora un compromiso total para continuar coa obra, coa prioridade de garantir a seguridade en todo momento.

A Deputación comprometeuse tamén á redacción do proxecto modificado para a reconstrución do antigo edificio de maneira inmediata, coa salvagarda de elementos singulares como o reloxo solar. Por outra banda, continuarán os traballos na parte traseira do edificio.

A Deputación de Lugo reiteroulle ao grupo de goberno de Guitiriz que pola súa parte, de haber responsabilidades, serán esixidas.

Pleno ordinario

Na sesión plenaria ordinaria de onte, tamén se aprobou o expediente de modificación de uso urbanístico de ben de titularidade municipal da nave do SENPA, un trámite necesario para adaptalo ao PXOM en vigor. Fíxose cos votos a favor dos grupos de PSOE e BNG e coa abstención do PP.

Á súa vez, realizouse a aprobación inicial da ordenanza do servizo de saneamento e depuración de augas residuais cos votos a favor do PSOE e PP e abstención do BNG.

Aprobouse, por unanimidade e incorporando unha emenda do grupo de goberno, o procedemento do investigación da titularidade do camiño público que conecta a Rúa Os Casás coa Rúa Amor de Deus.