Skip to main content
Vilalba

Comezan as obras no vial de acceso á Frouxeira

Por 28 Xaneiro, 2021Xaneiro 31st, 2021Sin comentarios

Un momento dos traballos que se están a facer na vía

O Concello de Vilalba informa de que xa comezaron as obras para a renovación e sinalización do vial que da acceso ao barrio da Frouxeira.

En concreto, os traballos son na vía municipal de 3,5 quilómetros situada na parroquia de Sancovade, que comunica a estrada autonómica LU-120 co barrio da Frouxeira e continúa en dirección aos barrios de A Teixeira, Padronelo e O Cotarón.

Trátase do percorrido natural dos veciños de varios núcleos de poboación desta parroquia en dirección ás principais vías de comunicación comarcais e ao centro ubano de Vilalba.

Os traballos, orzamentados en 103.000 euros, terán un período de execución dun mes e serán financiados íntegramente con recursos propios do concello a través do remanente municipal. Forman parte do plan integral de mantemento e renovación de viais e camiños nas parroquias de Vilalba, posto en marcha polo actual grupo de goberno no concello.

Para a mellora e mantemento de esta vía procederase á limpeza de noiros, regularización da súa superficie e a execución dunha nova capa de firme de rodadura de cinco centímetros de espesor. Tamén se procederá á súa sinalización horizontal e vertical.

“O actual estado do firme era un risco para a seguridade viaria, é un vial deteriorado que necesita unha actuación integral para a súa renovación”, explica Luis Fernández, concelleiro de Infraestruturas de Vilalba.