Skip to main content
Mondoñedo

Mondoñedo terá un concurso de Entroido a través de fotografías

Por 5 Febreiro, 2021Xuño 21st, 2022Sin comentarios

O Concello de Mondoñedo tamén fará este ano un concurso de Entroido virtual debido ao coronavirus. De feito o nome do concurso será Atípico entroido 2021 de MondoñedoO concurso está formulado para poñer en valor e manter a tradición do Entroido, así como festexar estas datas.

O concurso está aberto a todas as personas físicas que desexen participar, diferenciando tres categorías: individual infantil e adulto, parellas conviventes infantil e adulto e grupos conviventes infantil e adulto.

Todos os participantes deberán enviar a súa fotografía caracterizados coa temática do disfrace elexido a entroidomindoniense@gmail.com e deberase indicar no asunto Atípico entroido 2021 de Mondoñedo.

Xunto co envío da fotografía, deberán especificar os seguintes datos o nome, idade, nome do disfrace e teléfono de contacto.

Nos grupos intanfís, máis da metade dos seus componentes deberán ser menores de 12 anos de idade, este inclusive, podendo estar acompañados de varios maiores disfrazados. En caso de que non se adxunten todos os datos requeridos, poderá procederse á anulación da participación.

Quedarán fóra de concurso todas aquelas participacións que non cumpran coas medidas de prevención sanitarias vixentes.

O prazo de presentación de fotos remata o día 20 de febreiro do 2021. Haberá premios que oscilarán entre os 100 e os 20 euros na categoría de adultos e entre 90 e 10 euros na de infantil. Haberá tres premiados por cada unha das seis categorías.