Skip to main content

Por Breixo González

Hoxe imos falar dunha enfermidade parasitaria, causada polo parásito, un protozoo chamado Giardia lamblia é un parásito que coloniza e se reproduce no intestino delgado, causando diarreas e causando unha enfermidade coñecida como xiardiase.

As principais orixes da infección en humanos e animais (recordemos que tamén é unha zoonose) son a inxestión de auga non debidamente tratada, o que é especialmente común en países subdesenvolvidos economicamente pero tamén pode haber  en augas naturais contaminadas en zonas gandeiras.

A xiardiase adoita ser unha causa corrente de diarrea nos cans, que afecta de xeito especial a cachorros e os adultos cun sistema inmune deficiente. Isto é importante, xa que os cans sans e que non están inmunodeprimidos poden contraer ao parasito, pero a infestación en moitos casos transcorre sen presentar os signos clínicos asociados a esta enfermidade que son: vómitos, diarrea ou a perda do apetito. Eses animais son os coñecidos como asintomáticos, aínda que estean clinicamente diagnosticados, as súas feces poden seguir sendo foco de infección para outros cans.

Nos cans a sintomatoloxía é:

A diarrea, particularmente rechamante xa que se produce cun gran volume de feces mucosas e ás veces sanguinolentas, dunha cor clara e cun cheiro moi desagradable, e perceptible. Estes episodios de diarrea tamén poden presentarse de forma aguda ou ben crónica, e de xeito intermitentemente

Ruídos intestinais.

Inflamación e dor abdominal.

Perda de apetito ou non querer comer.

Perda de peso, aínda cando o apetito do can sexa normal, xa que o organismo non pode aproveitar todos os nutrientes do alimento.( feito que é común as infestacións parasitarias intestinais)

Vómito.

Se a infección persiste e non se trata a tempo de xeito axeitado, pode ser causante de severos problemas gastrointestinais como: Enfermidade Inflamatoria Intestinal (IBD)

Diarrea crónica

Malabsorción (a incapacidade de absorber certos nutrientes do alimento).

Ademais, o can probablemente terá problemas para gañar peso e mantelo, debido a que este parasito lesiona os enterocitos (as células que se encargan da absorción dos nutrintes) e altera o proceso normal da dixestión do alimento. Tamén existe o risco de deshidratación do can.

Para evitar que se contaxie a nosa mascota, debemos:

Non permitir que o can beba auga se non sabemos que é totalmente segura, por exemplo non deixarlle beber auga en pichocos ou augas estancadas, e se imos de paseo levar auga embotellada e un bebedeiro portátil.

Corrixir o hábito de cheirar ou inxerir feces doutros cans, isto é moi importante cando son cachorros xa que é o grupo de maior prevalencia na infección de giardia.

Manter unha correcta hixiene tanto dos nosos cans como dos seus utensilios (cuncas de comida e de auga, toallas, camas e mantas) Lavarnos as mans, se é posible, tras acariñar ou xogar con outros cans, Cumprir o programa de desparasitaciones internas e externas do can recomendado polo noso veterinario.