Skip to main content
Colaboracións AMARIÑAXAColaboracións LUGOXAColaboracións RIBEIRASACRAXAColaboracións SARRIAXA

Sexoloxía… Cando as cousas non van tan ben como nos gustaría!

Por 16 Febreiro, 2021Sin comentarios

Por Lorena Maradona

Un sexólogo é un profesional que realiza labores de educación sexual, de información e orientación e de asesoramento psicolóxico e intervención ante os problemas sexuais e de parella. Afortunadamente cada vez son mais os pacientes que chegan a consulta con inquedanzas deste tipo, borrando así os tabúes e as fronteiras que parece que sempre se asoman cando nos propoñemos poñer sobre a mesa o fascinante, á vez que complexo e inabarcable, mundo da sexoloxía.

¿Cáles son as preguntas máis comúns que responden os sexólogos? Eiquí van algunhas delas:

*Por que non teño gana de sexo?

*Anorgasmia: Que me impide chegar ó orgasmo?

*O tamaño do meu pene é normal?

*Son exaculador precoz, que podo facer?

*Como combatir a disfunción eréctil ou impotencia?

*Existe a muller multiorgásmica?

*Eyaculan as mulleres?

*Por que as mulleres tardan mais en chegar ó orgasmo?

*Que idade é a ideal para empezar a manter relacións sexuais?

*Que son exactamente os preliminares?

*É normal ter fantasías sexuais que me xeneren malestar?

*Acábase o sexo para as mulleres coa menopausia?

*Masturbarse pode provocar disfuncións sexuais?

*É certo que non é posible quedarse embarazada tendo a regla?

*É normal ter só orgasmos clitorianos?

*A miña parella e eu practicamos pouco sexo, é normal?

*Por que me doe a penetración?

Paréceme algo proveitoso o precisar uns consellos para disfrutar do sexo ó máximo e de forma saludable. Imos aló:

*Coidar a saúde: ausencia de cansancio e estrés, así como de depresión, déficit de testosterona, inxesta de certos fármacos… A práctica de exercicio físico regular é un potenciador da nosa libido.

*Descubrir que che gusta: se ambos membros da parella poseen un bo  autocoñecemento o encontro entre ambos será moito mais fructífero e placenteiro. É vital aquí tamén a comunicación, a confianza e a intimidade entre ambos.

*Deixarse levar:  polo desexo do encontro, dedicar tempo ó amor e espacio ó erotismo.

*Innovar: exploración continuada de estímulos visuais, táctiles, auditivos, olfativos…de calquer tipo, buscando alternativas en hábitos, posturas, ritmo…

*Saber que a penetración é tan só unha opción: o noso órgano sexual é todo o corpo, e non só os xenitais. O coito é unha opción, pero non ten por que ser a única. De feito, cando se considera que este é o elemento imprescindible para que haxa sexo soe dar moitos problemas, como a ansiedade. Hai que aprender a “xogar” a outras cousas. Bicarse, collerse da man, dormir abrazados e desnudos…poden cumplir perfectamente coas nosas expectativas sobre o encontro sexual e poden facer que sigamos satisfeitos no plano erótico.

*Apostar por unha relación de parella sana: a ausencia de conflictos no seno da relación de parella constitúe un dos mellores pronósticos para mellorar a saúde sexual. A relación sexual coa parella foi considerada dende fai moito tempo unha obligación máis que unha fonte de placer e de satisfaccións.

*Ter unha actitude positiva: a dimensión sexual está moi relacionada coa mente. Os problemas da vida cotiá afectan ás relacións sexuais. Deberíamos de evitar que a sexualidade se vise interferida polos problemas laboráis. Tamén é importante liberarse -mental e afectivaente-de calquer prexuicio negativo ante o sexo. Para iso, hai que darle maior importancia ás fantasías sexuais en calquer contexto da vida diaria e máis especialmente antes, durante e tras as relacións sexuais.

*A frecuencia que a parella desee: non existe unha frecuencia ideal, só a que marque a idade e as ganas de cada parella. Dende un orgasmo ou máis ó día ata dous ou tres ó ano poden ser suficientes se a persoa así o considera. A idade na que o home é máis potente e consegue o máximo de orgasmo vén a estar entre os 15 e os 25 anos en nas mulleres acrecentase entre os 35 e os 50 anos.

Para falar de isto e moito máis quedo á súa disposición no teléfono 604086408 ou na páxina web www.maradonapsicologos.es. Se podemos vivir un bo sexo, por que non???