Skip to main content
Comarca AMARIÑAXAMar AMARIÑAXA

O Estado fixa en 10.000 kilos as capturas de pescada no Cantábrico

Por 8 Febreiro, 2021Sin comentarios

A Secretaría Xeral de Pesca vén de establecer os topes de capturas e desembarques para pesca da pescada por parte de embarcacións de artes menores no Cantábrico e Noroeste.

Así, a cota inicial de pescada para o ano 2021 que corresponde á frota de artes menores do Cantábrico e Noroeste é de 707.560 quilogramos, que se xestionarán de maneira global repartíndose linealmente por trimestres naturais.

Do total establécense un tope máximo de capturas de pescada de 10.000 quilogramos por barco e ano, de modo que ese será o límite máximo de capturas que cada barco poderá acumular ao longo do ano. Á vista do desenvolvemento da campaña, estes topes poderían modificarse ao longo do ano.

No caso de que un buque exceda o tope máximo anual, terá prohibida a pesca de pescada para o resto da campaña.

Por outra banda, tamén se deron a coñocer os topes en augas da Unión Europea e non comunitarias. Do caladoiro nacional quedan establecidas 29.700 toneladas de boqueirón na zona VIII, as 22.560 de xarda en todos os caladoiros, 2.504 de xurelo por trimestre na VIIIc e 31.834 na IX.

A pesca do peixe sapo non chega ás 3.000 toneladas mentres que a cota do bonito para este ano será de 17.704 e da caella de 27.062.