Skip to main content
Comarca AMARIÑAXA

O comité de Alcoa aprema ao Goberno para a firma da venda

Por 18 Febreiro, 2021Febreiro 19th, 2021Sin comentarios

O presidente do comité de empresa de Alcoa en Cervo, José Antonio Zan, apremou ao Goberno central a que responda ao  acordo xeral que lle trasladou a multinacional americana fai quince días, para a venda á Sepi (sociedade estatal de participacións industriais).

Zan lembrou que xa hai dúas semanas que se entregou ese documento, o mesmo momento no que a empresa informou o comité a través dun correo electrónico deste feito. Agora “falta saber se o goberno respondeu a ese transit ou como está a situación, porque se o Goberno quere xa podería ter o transit”.

Zan insistiu en que agora ten que ser o Goberno o que de o seguinte paso respondendo ao transit.

Avanzou o sindicalista que as negociacións o 27 de setembro xa estiveron moi próximas pero houbo dous escollos, un era o contrato de alúmina e o outro a división das plantas. “Son dous escollos moi facilmente salvables por ambas as partes”, valorou. Así mesmo, avanza que esta semana terá que saberse algo xa que vence o mes de espera que se impuxo no acordo para facer a primeira reunión de todas as partes implicadas na negociación.

O obxectivo desta venda é que a Sepi compre Alcoa para logo vendela a Liberty.