Skip to main content
Agro TERRACHÁXAComarca AMARIÑAXAComarca LUGOXAComarca RIBEIRASACRAXAComarca SARRIAXA

Convocan as axudas para proxectos piloto do ámbito agroforestal

Por 18 Febreiro, 2021Sin comentarios

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a resolución da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), dependente da Consellería do Medio Rural, pola que se convocan as axudas para o apoio de proxectos piloto, desenvolvemento de novos produtos, prácticas, procesos e tecnoloxías, nos ámbitos agrario, agroalimentario e forestal.

A Xunta destina un total de 2,25 millóns de euros a estas achegas, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia 2014-2020. O orzamento divídese en 450.000 euros para a anualidade de 2021, 1,35 millóns de euros para o 2022 e 450.000 euros para o ano 2023.

Desta convocatoria poden beneficiarase organizacións ou entidades relacionadas coa produción primaria en agricultura, gandería ou silvicultura e empresas ou industrias transformadoras destes sectores, así como da área de enerxías renovables de orixe agrícola e forestal.

En canto ás accións subvencionables, as áreas prioritarias de actuación son a xestión sustentable dos recursos naturais, os sistemas agrarios de produción, a industria e cadea  agroalimentaria, a bioeconomía e a aplicación das tecnoloxías da información e comunicación ao sector.

Esta medida aprobada intégrase no Plan de reactivación e dinamización impulsado por Medio Rural para facer fronte á crise provocada pola covid-19 no agro galego e que, en conxunto, contempla un investimento total de 165 millóns de euros.

Link á resolución no DOG:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210218/AnuncioG0528-030221-0001_gl.html