Skip to main content
Comarca AMARIÑAXA

A plataforma sanitaria critica a nova lei de saúde

Por 21 Febreiro, 2021Sin comentarios

Diante do  inminente inicio do debate doutra reforma da Lei galega de saúde, a Plataforma en defensa da sanidade pública da Mariña amosou o seu rexeitamento sobre a mesma establecendo unha serie de explicacións.

Así, asegura que, “ao igual que a anterior reforma desta lei a tramitación faise de xeito unilateral, sen diálogo, sen suficiente publicidade, dun xeito opaco como adoita ser o seu modus operandi”.

Aseguran tamén que recorta dereitos e liberdades, sendo eminentemente sancionadora e obrigando á realización de probas, vacinacións e tratamentos , “o cal podería entrar en conflito co principio ético da  autonomía do paciente e co dereito a negarse á administración dun tratamento, recollido na Lei de consentimento informado”.

Afirman que non fala en ningunha das partes sometidas a reforma  do reforzo do sistema sanitario, da blindaxe e mellora da atención primaria “nin de reverter os brutais recortes que aplicou o goberno da Xunta”.

Para a plantaforma na nova lei non contempla a “recuperación” das catro áreas sanitarias eliminadas na anterior reforma e “que alonxou a sanidade das veciñas e veciños, centrou o eixo da atención sanitaria nos grandes hospitais das urbes, e ao fin converteu á poboación das áreas rurais en pacientes de segunda categoría en relación  á poboación das capitais”.