Comarca AMARIÑAXAMar AMARIÑAXA

Última semana para solicitar as axudas do Galp

Por 22 Febreiro, 2021Sin comentarios

O Galp A Mariña-Ortegal pecha esta semana o prazo para presentar as axudas para emprendedores que desexen promover algún proxecto relacionado co mar.

O obxecto destas axudas, en réxime de concorrencia competitiva, son para proxectos, ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobados pola Consellería do Mar,aos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP).

No marco deste réxime de axudas, os proxectos e actuacións subvencionables deberán acadar algún dos obxectivos indicados como aumento do valor, creación de emprego, atracción da mocidade e promoción da innovación en todas as fases da cadea de subministración dos produtos da pesca e da acuicultura; apoio á diversificación dentro ou fóra do sector da pesca comercial, á aprendizaxe permanente e á creación de emprego nas zonas pesqueiras e acuícolas; impulso e aproveitamento do patrimonio ambiental das zonas pesqueiras e acuícolas, incluídas as operacións de mitigación do cambio climático; fomento do benestar social e do patrimonio cultural das zonas pesqueiras e acuícolas, incluído o patrimonio cultural pesqueiro, acuícola e marítimo, e reforzo do papel das comunidades pesqueiras no desenvolvemento local e da gobernanza dos recursos pesqueiros e actividades marítimas locais.

Os proxectos que se presenten poderán ser para investimentos produtivos ou para investimentos non produtivos.

A porcentaxe de axuda máxima para proxectos de investimento produtivo ascenderá ao 50 % do gasto subvencionable total da operación. No caso de operacións vinculadas á pesca costeira artesanal, a axuda pode incrementarse ata o 80 %. No caso de confrarías de pescadores e asociacións profesionais do sector pesqueiro ou asociacións integradas polas entidades mencionadas, a porcentaxe máxima de axuda para os proxectos produtivos non superará o 80 % dos custos dos gastos subvencionables do proxecto.

Nos non productivos a axuda ascenderá ao 50 % do gasto subvencionable total da operación. O importe máximo de axuda para este tipo de proxectos será de 200.000 euros por beneficiario e convocatoria. A porcentaxe máxima de axuda para os proxectos de investimento non produtivo poderá ascender ao 100 % para proxectos de interese colectivo, beneficiario colectivo e acceso público aos seus resultados.

As solicitudes de axudas poderán ser presentadas ata o 1 de marzo de 2021 e a última resolución de concesión realizarase con anterioridade ao 1 de setembrode 2021.