Skip to main content
BarreirosMar AMARIÑAXA

Protección Civil de Barreiros recibe unha embarcación

Por 22 Febreiro, 2021Sin comentarios

O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, fixo entrega dunha embarcación pneumática semirríxida destinada á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil (AVPC) para actuacións de salvamento e rescate no Concello de Barreiros.

A embarcación, con case 6 metros de eslora total, permitirá reforzar o equipamento desta agrupación para levar a cabo actuacións de salvamento e rescate en praias costeiras e fluviais. Os concellos beneficiarios deben estar adscritos ao Plan de Salvamento en Praias de Galicia e en zonas dos plans de emerxencias de encoros do Plan de Inundacións de Galicia (Inungal).

Este material enmarcase na orde de axudas da Xunta dirixida ás AVPC de municipios de menos de 50.000 habitantes.

Os voluntarios de Protección Civil realizan labores para garantir a seguridade dos cidadáns e tamén a súa implicación nos meses máis duros da pandemia en operativos relacionados coa loita contra a covid-19. Así, participaron no reparto de alimentos e medicamentos a persoas en situación de vulnerabilidade e na limpeza e desinfección de lugares públicos. Deste xeito, destaca a colaboración destas agrupacións para reforzar os servizos de emerxencias, sobre todo en actividades de prevención, e mesmo en intervencións.