Skip to main content
Burela

Solicitan a Adif o alumeado na estación de tren de Burela

Por 12 Febreiro, 2021Sin comentarios

Estación de tren de Burela

O alcalde, Alfredo LLano, demandou, nunha xuntanza telemática que mantivo con responsables de Adif, que se restableza o alumeado na estación do tren, debido a que se trata dun lugar que rexistra moito tránsito de peóns. O rexedor insiste en que se proceda a realizar tarefas de mantemento na liña ferroviaria e que se potencie o uso público e turístico deste medio de transporte. LLano e o concelleiro de Cultura, José Díaz, que tamén participou nesta reunión, plantexánronlle a Adif a posibilidade de asinar un convenio mediante o que a empresa ferroviaria se comprometa a arranxar a ponte de Eijo Garay e o Concello encargaríase da súa decoración.

O alcalde burelés contou que “participamos nunha vídeo conferencia con responsables de Adif porque a nosa pretensión é facer un convenio para acondicionar esteticamente a ponte que hai en Eijo Garay. Nesa reunión, eu plantei temas da estación do tren e de autobuses de Burela. Hai que ter en conta que está no centro de Burela e que hai pouco tempo que se investiron aí bastantes cartos para melloras de asfaltado, mobiliario, na pintura do interior e exterior e na instalación eléctrica. O que non entendemos é que agora estea a escuras, tanto onde se colle o tren como onde se collen os autobuses. Iso hai que miralo porque por alí pasa moita xente e é un perigo. Planteixe que, xa que arranxamos a estación, que estea perfecta”.

O rexedor dixo que “dun tempo a esta parte, obsérvase moita decadencia no mantemento e no uso dos trens. Estou preocupado porque a min me parece que o tren como servizo público vai ser no futuro algo imprescindible. Nas reunións que tiven antes e na doutro día, dixen que queremos que haxa un servizo de tren en boas condicións, coa súa cadencia para que os viaxeiros poidan empregalo, que tamén funcionen os trens de mercadorías e que ademais se retomen os trens turísticos. Manifestei que non queremos que se perda ese servizo público, que se atenda ben e que haxa unha cadencia porque agora mesmo pasan poucos ou un ao día. Non podemos permitir que se deixe ir abandonando e desapareza nun día todo o que temos reclamado e o servizo que ven facendo. Iso é o que hai que impedir por todos os medios. Tamén lles falei sobre cousas de mantemento e de atención ao público, ata non había quen atendese o teléfono. Iso penso que é unha falta de profesionalidade e de atención, que é preocupante”.

Alfredo Llano insistiu en demandar “por un lado a atención á estación do tren de Burela que está no centro do pobo. É unha estación vistosa e pasa moita xente por ela, por iso pedimos que teña todos os servizos dunha forma óptima. Despois pedimos volver recuperar o tren como un servizo público e esencial, tanto en Burela como en toda A Mariña, e que circule perfectamente por todo o litoral. Polo tanto, imos ver como responden. Estaremos atentos ao que nos digan para poder seguir efectuando reclamacións ou, se todo vai ben, darlles un aplauso porque non teríamos problemas con iso”.

O concelleiro de Cultura, José Díaz, que tamén participou neste encontro con representantes de Adif, explicou que “planteamos la posibilidad de que arreglen el puente sobre Eijo Garay, que es una infraestructura suya. Si nos lo arreglan, quitando las filtraciones que hay y poniendo un sistema de canalización para que no haya goteras, nosotros nos comprometemos a decorarlo, tipo Amarte. Queremos conseguir varias propuestas de artistas de los que pasan por aquí u otros, y elegir una que decore toda esa zona del puente. Es una zona bastante grande para pintar, muy vistosa, por la que pasa mucha gente y además es la calle que baja a Amarte, nuestro museo al aire libre. Nos dijeron que estudiarían esa propuesta y que les mandemos un informe detallado sobre el estado del puente para que decidan. Tenemos la esperanza de que nos lo reparen, que hagan ellos esa parte y nosotros la artística porque es una zona de mucha visibilidad en el pueblo y que no puede estar como está”.