Skip to main content
Burela

Comeza a repoboación na área recreativa de Monte Castelo

Por 13 Febreiro, 2021Sin comentarios

Imaxe do comezo da repoboación no centro da vila

O alcalde, Alfredo Llano, a concelleira de Medio Ambiente, Toñi Eijo, deron inicio á campaña de repoboación con especies autóctonas na área recreativa do Monte Castelo.

Eijo sinalou que “deste xeito, segue a acometerse o programa de repoboación urbana e forestal promovida desde o Concello, rexenerando ditos espazos con especies como carballos, cerdeiras, castaños, liquidámbar ou bidueiros”.

A concelleira burelesa engadiu que “o devandito programa constitúe un primeiro paso cara o futuro plan de acción para o clima e a enerxía sostible, en cuxo documento se está traballando actualmente no Servizo de Medio Ambiente do Concello”.