Skip to main content
BurelaDeportes AMARIÑAXA

Sito Rivera ponse ao fronte do Pescados Rubén

Por 25 Febreiro, 2021Febreiro 26th, 2021Sin comentarios

Sito Rivera, durante a celebración dun campus

Tomás de Aquino Rivera Amorós, Sito Rivera, tomará as rendas do Pescados Rubén Burela FS. O técnico catalán (Mataró, 1956), cunha ampla traxectoria internacional de elite e á fronte de seleccións como Romanía, Hungría, Italia, Libia e Kuwait, incorporarase á disciplina laranxa o luns, despois de pechar os últimos compromisos co seu actual equipo, Manresa FS.

Con experiencia nos históricos españois Polaris Cartagena e Martorell, Sito Rivera saltou fronteiras co nipón Bardral Urayasu e o Napoli e a Luparense en Italia. Os combinados de Romanía e Hungría deron paso ao Sporting de París. Tras dirixir ao Imperial Wet de Romanía, en 2019 regresou á súa terra natal para facerse cargo do conxunto manresano, en Segunda B. Os camiños de Sito Rivera e o Pescados Rubén Burela FS xa coincidiron en 2011 coa participación do técnico no Campus Mixto da entidade; tamén formou parte do profesorado do clínic do Memorial Heroes do Orzán de Imdecum en 2013.

Desde a entidade mariñá, agradecemos todas as facilidades mostradas polo Manresa FS para pechar o acordo.

Sábado en Zaragoza

O conxunto laranxa viaxará a Zaragoza mañá, para disputar a xornada 22 o sábado (17.00 horas, Aragón TV/TVG2), con Alfonso Mera á fronte.