Skip to main content
Burela

Burela fará unha campaña contra o plástico

Por 26 Febreiro, 2021Sin comentarios

O Concello de Burela, en colaboración coa asociación A Mariña sen Plástico, vén de anunciar que en breve levará a cabo un proxecto de concienciación medioambiental a través da sinalización de sumidoiros da vila coa mensaxe O mar comeza aquí.

Toñi Eijo, concelleira de Medio Ambiente explica que “comezaremos sinalando sumidoiros das rúas Arcadio Pardiñas, Eijo Garay e Rosalía de Castro. Esta iniciativa ten como obxectivo concienciar á poboación sobre a importancia de depositar o lixo nas papeleiras e contedores, sinalando que todos aqueles residuos abandonados na rúa viaxan polos sumidoiros ata chegar ao mar, xerando un grave problema medioambiental nos nosos océanos”.

A edil burelesa indicou que “esta iniciativa xorde tras a preocupación mostrada por A Mariña sen Plástico, asociación de carácter medio ambiental, ante o Concello de Burela polos numerosos residuos atopados nas praias da contorna, tales como cabichas, envoltorios e, nos últimos tempos, máscaras, guantes, etc, que proveñen en moitos casos das rúas das vilas”.

Eijo dixo que “a nós pareceunos unha moi boa iniciativa e non dubidamos en traballar coordinadamente coa asociación A Mariña sen Plástico e en breve esperamos comezar coa sinalización nestas tres rúas”.