Skip to main content
Cervo

Cervo inicia hoxe unha programación con catro concursos de Entroido

Por 13 Febreiro, 2021Xuño 21st, 2022Sin comentarios

O Concello de Cervo inicia hoxe a súas celebracións de Entroido, cunha plantexamento de actividades diferente e na procura de manter a seguridade sanitaria fronte ao virus.

A programación arrinca hoxe un concurso de larpeiradas de Entroido para o que haberá que enviar unha fotografía ou receita da súa elaboración.

O domingo, coincidindo coa celebración tamén de San Valentín, poñeran en marcha o concurso Que é o amor para ti? Para participar haberá tamén que mandar foto, debuxo ou vídeo.

O luns será o momento do concurso de máscaras, que deberán realizar os propios participantes e enviar unha fotografía para a súa valoración.

Rematarán o martes a programación con concurso ao mellor disfrace, tamén a través de vídeo ou foto.

Os que queiran participar deberán facer chegar as súas creacións antes das 17:00 horas do día no que está programada cada unha das actividades a dinamizacion@concellodecervo.com.