Skip to main content
Mondoñedo

Comezan as visitas guiadas á cova do Rei Cintolo

Por 28 Febreiro, 2021Sin comentarios

O Concello de Mondoñedo, coa colaboración da Federación Galega de Espeleoloxía, abre a campaña de visitas guiadas á cova do Rei Cintolo co comezo do mes de marzo.

Concretamente, este ano, as visitas comezarán sendo de fin de semana: os venres, sábados e domingos, ás 12h e ás 17h tendo como primeiro día de visita o venres 5 de marzo.

As visitas turísticas lévanse a cabo na Galería Central da cova sobre un percorrido de 300m que supón unha visita dentro da cavidade de 1h e 15minutos aproximadamente.

Pídese, para poder facer as mesmas, unha forma física normal, isto é, non ter problemas de mobilidade. Tamén é preciso facer reserva previa no teléfono da Oficina de Turismo de Mondoñedo 982 50 71 77.

É obrigado traer máscara para facer a visita (cirúrxica, ffp2, ou similar, non valendo as de tea), tamén é obrigado traer calzado cerrado con fondo de goma que evite esvaróns e recoméndase traer roupa que non importe manchar así como unha muda para despois da visita.

Dende o Concello proporcionarase casco con iluminación, luvas de coiro e un traxe desbotable para sobrepoñer á roupa, así como os complementos de hixiene axeitados para cada un destes elementos.

A novidade do presente ano é que se pode entrar na cavidade a partir dos 11 anos.

A partir de finais de marzo, en canto entre en vigor o horario de verán, ampliaranse os grupos de visita cun máis á tarde, en horario de 18:30h.

Esta visita está proposta, e así se realizará, acatando todos os protocolos e medidas anti-Covid 19 ditadas pola administración pública. Na mesma o número de persoas por grupo estarán adaptadas á normativa vixente en cada momento.