Skip to main content
Ourol

Ourol contratará a sete peóns forestais

Por 25 Febreiro, 2021Sin comentarios

O Concello de Ourol xa ten listas as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición de sete peóns forestais a xornada parcial do 75 % ao abeiro do programa de fomento do emprego, incluído no Plan Provincial Único de Cooperación dos Concellos 2020 da Deputación Provincial de Lugo.

Trátase dun contrato por otra ou servizo determinado a xornada parcial cunha duración de 6 meses. Os seleccionados deberán ocuparse do acondicionamento e limpeza de parques e xardíns en xeral, con tarefas de roza, corta de céspede, entre outros; ademais dos accesos a núcleos de poboación, camiños e vías municipais e das contornas dos edificios e instalacións, xestión de residuos e eliminación de vertedoiros incontrolados, entre outras funcións similares.

O prazo de presentación de instancias para estas sete prazas estará aberto desde o 1 ao 5 de marzo de 2021. Os interesados poden informarse no Concello de Ourol a través do Axente de Emprego ou chamando ao 982 559 109.

As bases están expostas no taboleiro de anuncios da Casa do Concello de Ourol e tamén se poden consultar no sitio web do concello no enlace: https://concellodeourol.sedelectronica.es