Skip to main content
Ribadeo

Ribadeo, o pobo máis buscado en internet

Por 5 Febreiro, 2021Sin comentarios

Costa de Ribadeo

Satisfacción en Ribadeo tras coñecerse que é o pobo máis popular da provincia de Lugo. Os datos aparecen recollidos nun estudo de Musement, elaborado a partir do volume de buscas en Google, no que propón unha visita aos 50 pobos máis populares  de todo o estado.

Musement sinala que a pandemia do covid19 e as limitacións da mobilidade durante o 2020 influíron de xeito notable no incremento do turismo de proximidade, que seguirá a ser unha tendencia neste ano que se acaba de estrear. Foron moitos os que optaron por redescubrir as súas cidades de residencia habitual e outros moitos os que buscaron pequenos paraísos lonxe das multitudes, pero cerca dos seus fogares. O pobo máis buscado da provincia de Lugo foi Ribadeo.